mércores, 13 de marzo de 2013

Eleccións en Ponte

Na noite de onte celebráronse en Ponte as eleccións ao consello parroquial, que representará á parroquia ante o Concello. Velaquí os resultados.
- Tomás Salgueiro: 4 votos
- Pablo Santomé: 2 votos
- José Castro: 2 votos
- Luís Ferradás: 1 voto
- Juan Carlos Seijo: 1 voto
- Diego Frade: 1 voto
Ademais houbo un voto nulo, co que o total foi de 12 votos. Así que o consello queda constituído por Tomás como presidente, e Pablo e Pepe terán que decidir que será vicepresidente e quen vocal. Noraboa aos elixidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario