martes, 19 de marzo de 2013

O Puzo Negro (III)

Fago esta publicación para comunicarvos que a Ponte do Puzo Negro xa ten un artigo na Galipedia, a Wikipedia en galego. Como xa sabedes, o Puzo Negro é un lugar con moitas historias e de gran beleza paisaxística, de agradable visita na época estival.



Podedes botarlle un ollo ao artigo nesta ligazón:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Ponte_do_Pozo_Negro

mércores, 13 de marzo de 2013

Eleccións en Ponte

Na noite de onte celebráronse en Ponte as eleccións ao consello parroquial, que representará á parroquia ante o Concello. Velaquí os resultados.
- Tomás Salgueiro: 4 votos
- Pablo Santomé: 2 votos
- José Castro: 2 votos
- Luís Ferradás: 1 voto
- Juan Carlos Seijo: 1 voto
- Diego Frade: 1 voto
Ademais houbo un voto nulo, co que o total foi de 12 votos. Así que o consello queda constituído por Tomás como presidente, e Pablo e Pepe terán que decidir que será vicepresidente e quen vocal. Noraboa aos elixidos.