*De camiñada por Ponte (19/5/2016)
*Olaia "descobre" as fervenzas de Ponte na súa Camiñada de Primavera (24/5/2016),
esta parroquia volve ser protagonista dunha andaina, neste caso con carácter solidario. Encadrada dentro dos actos do VI Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui, que vén organizando dende hai uns anos a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) e na que colabora o Concello de Silleda, a recadación da inscrición nesta "Andaina pola contorna de Silleda" irá parar ao programa Vacacións en Paz, mediante o cal nenos procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis pasan os meses de xullo e agosto con familias de acollida en Galicia.
Sen dúbida unha boa proposta para este domingo coa que, ademais de gozar dun percorrido polas fermosas paisaxes do Trasdeza, se colabora cunha gran causa coma esta que leva a cabo SOGAPS.