martes, 28 de maio de 2013

Adiós rios, adiós Ponte

Para despedir este mes de maio, déixovos este vídeo realizado polo noso veciño Manu Fernández, de Rosende. Coa letra de Rosalía e voz de Amancio Prada de fondo, ensínanos distintos sitios da contorna de Rosende, adecuándose á letra de "Adiós riós, adiós fontes", poema da poetisa de Padrón. A ver que vos parece. Pola miña parte, felicitar ao autor por este excelente traballo.



martes, 7 de maio de 2013

Sábado de cea

Como xa dixera anteriormente, o sábado celebrouse a cea organizada pola asociación veciñal A Trabe. Arredor de 80 persoas, entre maiores e nenos, encheron as instalacións do local social da parroquia, polo que se pode considerar un éxito de participación. Deixovos dúas instantáneas da cea e o resto podédalas ver na conta de Facebook da Trabe: http://www.facebook.com/asociacionatrabe.deponte



Parabéns aos organizadores e que a próxima sexa igual de boa ou mellor.

xoves, 2 de maio de 2013

Cea de maio

Despois dun inverno chuvioso, parece que agora chega o bo tempo. E por iso en Ponte celebrarémolo ceando no Local Social este sábado día 4. Esta iniciativa, organizada pola asociación veciñal A Trabe, tratará de reunir a veciños da parroquia, xente nacida nela e que vive fóra e a todo aquel que lle apeteza pasar unha boa noite de maio na compaña das xentes de Ponte. Ideas coma esta danlle vida á parroquia e fan que se manteña unida. Se vas/ides acudir, de seguro que pasaredes unha boa velada. Vémonos alí.