Como xa se veu adiantando neste blogue, a
Asociación Veciñal A Trabe de Ponte organizou diversas actividades neste outono. Todo comezaba o pasado
28 de setembro. Como remate das festas patronais, A Trabe organizou as
III Melodías de Outono, concerto no que participaron as bandas Infantil e Xuvenil de Silleda. Esta interpretou pezas coas que gañaría o 1º premio no Certame Provincial de Bandas e o 2º no Galego.
.jpg) |
Intre da actuación da Banda Infantil // Faro de Vigo |
O día
18 de outubro foi a noite de teatro. Nesta ocasión, foi a compañía teatral
Fervelleasverzas de Moraña a que sorprendeu ao público coa posta en escena da obra "
A arte que fixo pub".
 |
Instante durante a obra // D. F. |
O sábado seguinte,
o día 25,
Darío Autrán regresou a Ponte cun novo proxecto: a webserie "
Artemia", na que, igual que o ano pasado en "Tilda & Jean", participaba o noso veciño José Montoto. Tamén lle regalou aos asistentes un fragmento da que fora a súa primeira película "Orxo"
 |
José e Darío presentando a webserie // D.F. |
E para rematar o outono, que menos que un
magosto, como foi o que organizou A Trabe conxuntamente coa
Yeguada Tras do Balo. Esta cita congregou a 52 persoas arredor das castañas na planta baixa do local social.
 |
Momento da cea do magosto // M. R. |