Corrían os anos trinta, tempo da
II República, cando se iniciaron as obras de construción da
vía do ferrocarril entre Zamora e a Coruña, no tramo Ourense-Santiago. A estas obras acudiron a
traballar homes de todas as parroquias polas que pasaba e, ao abeiro das mesmas, foron xurdindo
agrupacións sindicais en gran parte das citadas parroquias. A máis
representativa do concello de Silleda foi a chamada "
Unión Obrera de Ponte", constituída en 1931.
 |
Trincheira e ponte de Laxes |
Pero co inicio da
Guerra Civil, as obras paráronse e os
homes vinculados a este sindicato foron
perseguidos e nalgúns casos
axustizados, servindo de exemplo os irmáns Muiños do Castro ou Arturo Pérez Lázara de Silleda. Ademais, coma outros moitos, o sindicato sufriu
incautacións de bens e cartos. A construción da vía reanudaríase anos despois baixo o franquismo, inaugurándose en setembro de 1958, pero a "Obrera de Ponte"
desaparecería, quedando soamente na memoria dos nosos maiores, que a seguen recordando como "
o sindicato da vía".
Para rematar, recoméndovos ler o artigo do profesor lalinense
Manuel Igrexas sobre o movemento obreiro na nosa comarca:
- "
O movemento obreiro na Comarca do Deza ata 1936"