![]() |
| Mapa do percorrido da camiñada, elaborado por Francisco Blanco. |
Blog sobre esta parroquia trasdezá: historia, xeografía, curiosidades, lugares de interese, imaxes, vídeos...
Amosando publicacións coa etiqueta Vilar b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vilar b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 19 de maio de 2016
De camiñada por Ponte
A Asociación de Veciños Olaia de Silleda organiza este domingo a súa Camiñada de primavera este domingo día 22. Esta ruta partirá da Praza do Siñor Afranio de Silleda e percorrerá diversos lugares da nosa parroquia e da de Vilar.
Quen se anima a descubrir os pequenos lugares con encanto que se agochan nesta zona?
martes, 4 de decembro de 2012
Rosende, máis que un lugar
Hoxe toca falar do lugar de Rosende. Situado na parte oriental da parroquia, deu nome a un couto xurisdicional, no que impartía xustiza dende a Idade Media a Encomenda de Beade, dependente da orde militar de San Xoán de Xerusalén ou orde de Malta. O chamado "Coto de Rosende" estivo formado polas aldeas das Casas do Monte (agora de Silleda), Meixomence e a xa citada Rosende. Este último estivo dividido entre as parroquias de Ponte e Vilar ata finais do século XIX. Aínda a día de hoxe se coñece o lugar que servía como marco divisorio entre ambas partes: o Carballo. No tocante ao ámbito relixioso, convén recordar que a finais do século XVIII os veciños deste lugar e mais os do lugar de Mourelos (Silleda) decidiron construír unha pequena capela ás aforas de Rosende, deixándoa baixo a advocación de Nosa Señora dos Remedios, pasando a ser décadas máis tarde a igrexa parroquial de Ponte.
![]() |
| Vista aérea de Rosende, obtida co programa Google Earth. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


