*A igrexa vella I (26 de setembro do 2012)
*A igrexa vella II (10 de outubro do 2012)
O Cementerio Vello // DFA |
Son moitos os veciños de Ponte que a día de hoxe aínda se sorprenden ao saber deste emprazamento, e non é para máis. Hai que ter en conta que, desde o traslado da liturxia en 1863 á Capela dos Remedios (que se converteu na nova igrexa), o lugar apenas foi empregado como lugar de xogo dos máis cativos. Coas sucesivas reformas no novo templo, botouse man do material da igrexa vella ata o punto de non quedar nada máis que montóns de pedras pequenas de pouco valor para a construción. Conforme pasaron os anos, o antigo cemiterio convertiuse unicamente nun pequeno terreo pechado con algunhas árbores no seu interior.
A pesar da utilización da pedra da igrexa vella nas reformas da nova, aínda permaneceron neste recinto varias pedras con gravados ou labradas dunha determinada forma. Pero o seu descando neste lugar non foi precisamente eterno. De feito, un exemplo de desaparición dunha destas pedras "bonitas" tivo lugar hai uns anos. A segunte imaxe mostra un fragmento do que podería ser un sarcófago ou outro tipo de recipiente usado na igrexa. Esta imaxe foi tomada polo autor destas liñas no mes de abril do ano 2011, que tardaría máis dun ano en visitar de novo o lugar (xuño do 2012), percatándose da súa desaparición.
Pedra desaparecida do antigo cemiterio (2011) //DFA |
Sinalado con liñas vermellas, o lugar que ocupaba a pedra. No seu lugar, foron colocadas varias pedras máis pequenas para disimular a falta // DFA |
Sinalado con liñas vermellas, o lugar que ocupaba a pedra no valo oeste do adro // DFA |
Ningún comentario:
Publicar un comentario