* Grandes oliveiras das terras da Ulla e Deza (Galicia Hoxe, 4/4/2016)
Neste, o autor fai un percorrido pola historia do cultivo desta árbore, os seus usos e apuntando referencias como o nome da parroquia de Olives (A Estrada), entre outras cousas. A continuación, trata varios casos de exemplares destacados como as do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra), a da casa da Buela en San Critovo de Reis (Teo) e a do cemiterio de Adina en Iria Flavia (Padrón). Como representante da comarca do Deza e do Trasdeza, o autor fala da oliveira situada a carón da igrexa de Ponte, a nosa oliveira.
Vista da oliveira (xuño 2016) // DFA |
* Unha oliveira centenaria (17/10/2012).
Déixovos a continuación o extracto do artigo no que se fala desta árbore:
A oliveira de ponte ten un pé moi gordo,
que galla en dous poderosos polóns desde preto do chan. A coroa dela é
arredondada coma unha gran boina escura, da altura dunha casa de dous
pisos. Está ben coidada, e ten moita vitalidade. Nunca a viramos, nin a
igrexa, que non ten o nome, pois como ocorre con outras moitas igrexas
parroquiais, os da parroquia non llo poñen porque xa llo saben. Nós, ó
atoparnos diante da igrexa cando fomos tirarlle a foto deste artigo,
axiña nos decatamos de que era a de San Miguel de Ponte, polo que
oiramos falar da grandeza da súa oliveira. Ou sexa, identificamos a
igrexa pola oliveira.
Por estar esta árbore no cemiterio, hai
entre os veciños da parroquia o dito irónico: “Ir para debaixo da
oliveira”. Pero xa desde antigo a oliveira é símbolo da paz entre os
vivos e dos mortos. Ó que se debe que as haxa en moitos cemiterios. Descoñecemos polo de agora a súa antigüidade, mais sabemos que non debe ser anterior a 1800, data de construción da antiga capela dos Remedios sobre a que se levantou o actual templo parroquial. Como afirma M. de Bran no seu artigo, é por todos coñecido o dito de "ir para debaixo da oliveira" cando se fai referencia á morte dun veciño (nalgún caso, esta afirmación é literal, pois arredor dunha ducia de nichos se atopan á sombra da árbore). Aínda que non se atopa catalogada como Árbore Senlleira, é parte esencial da historia de Ponte, pois o paso do tempo fixo que fose testemuña de innumerables conversas e acontecementos. Que continúe tan vigorosa e que sigamos disfrutando da súa sombra!
Ningún comentario:
Publicar un comentario