O pasado venres día 4 a Casa da Cultura de Silleda acolleu o acto de presentación do libro "
Pereiro de Silleda: Vida y obra de un empresario dezano". Como ben di o título, este libro recolle a vida e a obra de
Perfecto Pereiro Castro (Xonxil, Noceda 1871 - Silleda, 1947), fundador da Hidroeléctrica de Silleda en 1915 e promotor da primeira central hidroeléctrica do concello, situada na parroquia de Ponte e coñecida por todos como "
A Central de Pereiro".
|
Retrato de Perfecto Pereiro Castro // Arquivo PPL |
Sobre este home, figura importante na historia de Silleda e de Ponte, xa falamos neste blog con anterioridade:
*
Perfecto Pereiro e a luz en Silleda (3/2/2015)
|
Placa en homenaxe a Pereiro colocada no transformador situado a carón da igrexa de Ponte // DFA |
Perfecto Pereiro Lázara, neto e afillado do homenaxeado e autor do libro, vai describindo neste as orixes deste empresario ou os negocios que botou a andar ao abeiro na enerxía eléctrica, entre outras cousas. É, a fin de contas, unha obra que recolle a historia da vila de Silleda da primeira metade do século XX.
|
Portada do libro realizada por José Antonio Fondevila. |
Nesta obra, Pereiro Lázara dedica un apartado especial á parroquia de Ponte, debido á gran relación que mantivo seu avó con esta terra e cos seus veciños. Destaca a amizade que trabou o párroco don Manuel Sánchez Noya ou a Romaría de San Verísimo, á que acudía Pereiro coa súa familia.
|
Momento da presentación. No centro da mesa, o autor Perfecto P. L. // DFA |
Este libro serve como recoñecemento a un home que, grazas á electricidade, levou o progreso á capital do Trasdeza. Isto tamén foi grazas á parroquia de Ponte, que en palabras do autor, "
foi esa pequena parroquia que quitou a Silleda da escuridade".
Ningún comentario:
Publicar un comentario