mércores, 4 de marzo de 2015

Ponte despide a un alcalde

O repentino falecemento de Juan José Salgueiro Montouto pillou por sorpresa a todos os veciños de Trasdeza. Por todos os recunchos deste concello perviven obras que se levaron a cabo durante os seus 12 anos de goberno, entre 1987 e 1999.
Aínda que quen escribe estas liñas era moi pequeno cando el estaba á fronte da Alcaldía, si sabe que no seu mandato se fixeron grandes obras na parroquia de Ponte como foron a concentración parcelaria (conxuntamente co Castro); a "carretera das Cruces", como se coñece a PO-205, aberta ao tráfico en 1993; e a construción do actual recinto feiral, que ocupou parte do monte de Meixomence e inaugurado polo rei Xoán Carlos I en 1996.
Descanse en paz.