sábado, 18 de xaneiro de 2014

Foi noticia... hai cinco anos

Comezamos as publicacións deste 2014 facendo memoria dun suceso ocorrido tal día coma hoxe hai cinco anos. Ese 18 de xaneiro do 2009 quedou marcado na historia da nosa parroquia polo tráxico accidente acontecido na ponte da PO-205 sobre o ferrocarril e que levou por diante a vida de dúas persoas. Varios medios de comunicación galegos e nacionais fixéronse eco deste feito, que se viu agravado pola orixe e/ou relación que tiñan os falecidos con esta parroquia.
O sinistro producírase ao pouco tempo do reasfaltado da estrada, que tras este accidente viu como se melloraba a seguridade colocando novos gardarraís onde antes non os había. Pero como se adoita dicir, "tómanse medidas cando xa pasou unha desgraza".
Ligazón de El País:
http://elpais.com/m/diario/2009/01/19/galicia/1232363890_850215.html